CRTVG

Buscar

A Avogacía do Estado atribúelle ao concello de Vigo a responsabilidade no accidente do Marisquiño

Publicado o 03/09/2020 10:53

En agosto fixéronse dous anos do accidente do Marisquiño en Vigo. Nel resultaron feridas 400 persoas cando parte do paseo onde se celebraba o concerto se derrubou e os asistentes quedaron atrapados ou caeron ao mar.

A avogacía do Estado atribúelle ao Concello de Vigo a responsabilidade no accidente do Marisquiño En nome da Autoridade Portuaria, remitiu un escrito á maxistrada que leva o caso. Pídelle que lle tome declaración "con urxencia" ao exconcelleiro Carlos López Font, daquela responsable de Seguridade, e ao técnico municipal que autorizou o concerto celebrado no porto hai dous anos.