CRTVG

Buscar

O porto exterior de Ferrol prevé unha caída do 12,7% no tráfico de mercadorías pola redución do carbón

Publicado o 02/10/2019 09:43

A nova previsión do porto de Ferrol é pechar o ano 2019 cun tráfico de mercadorías de 11 millóns de toneladas fronte os máis de 13 millóns e medio do ano pasado. Desde a Autoridade Portuaria atribúen esta baixada ás dificultades das industrias electrointensivas e á caída do carbón tras a paralización hai cinco meses meses da central térmica das Pontes.

O encarecemento dos custos de emisión de CO2 está detrás do cesamento da central de Endesa que tamén deixou sen emprego a 150 camioneiros. Os transportistas do carbón levan meses reclamando unha transición enerxética xusta.

Cifran en 10 millóns de euros as súas perdas e desde hai máis de 15 días manteñen peches simultáneos nos concellos de Ferrol, Vilalba e As Pontes. Desde a dirección do porto de Ferrol, vencellado historicamente á construción naval e o sector enerxético, apuntan no futuro cara á busca de tráficos alternativos e avogan por un cambio de modelo económico non lesivo para a comarca.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2019