CRTVG

Buscar

O porto de Vilagarcía, entre os tres españois con maior crecemento de mercadorías

Publicado o 27/04/2021 20:18
O porto de Vilagarcía, entre os tres españois con maior crecemento de mercadorías

Vilagarcía de Arousa colócase entre os tres portos con maior crecemento de tráfico de mercadorías de toda España. Lidera esta clasificación xunto aos de Motril e Almería, en base ás cifras do primeiro trimestre do ano.

Segundo os datos do organismo público de Portos do Estado, o de Vilagarcía medrou máis dun 21 por cento respecto ao mesmo período do ano anterior.


 

Noticias web

27/04/2021