CRTVG

Buscar

O Porto de Vigo tapa cunha rede anticaídas a fochanda do peirao das Avenidas

Publicado o 18/06/2019 16:18

Unha rede para evitar posibles riscos para os paseantes e tamén pensando nos asistentes ao próximo evento gastronómico e de ocio que se vai celebrar neste paseo das Avenidas. O enorme furado aberto cando a estrutura colapsou permanece en idéntico estado case un ano despois, como lembrabas.

O caso está pendente de que o xulgado estableza as responsabilidades polo accidente en que resultaron feridas 467 persoas, de diversa consideración. En total, vanse estender 800 metros cadrados de malla, que reforzarán a seguridade neste e noutros puntos desta zona, e que se suman ao valado dobre que se instalou en días pasados.  

Noticias web

18/06/2019