CRTVG

Buscar

O Porto de Vigo expedientará a pirotecnica polo lume que calcinou os coches en Bouzas

Publicado o 21/07/2019 14:36

Todo está preparado en Bouzas para a gran festa desta noite coa tirada de fogos artificiais sobre a ría. Os responsables da confraría e da comisión de festas confían en que o suceso non deslucirá o momento álxido da festa. A comisión ten un seguro para todo o festexo por valor de dous millóns de euros.

O presidente da Autoridade Portuaria xa anunciou a apertura dun expediente á empresa pirotécnica nigranesa e que se presenarán como afectados na causa. Os responsables da empresa rexeitaron facer declaracións esta mañá. Fontes do Concello apuntaron que a tirada de bombas tiña permiso pero a clave podería estar no lugar en que se botaron, xa que, segundo o presidente do porto, non estaba autorizado nin tampouco poderían introducir o vehículo no paseo dos peixes. 16 vehículos quedaron totalmete calcinados e máis de corenta danados. Os danos poderían superar o millón de euros.

Os fogos desta noite evocarán a chegada do home á Lúa e á primeira volta ao mundo en barco de Fernando de Magallanes e Juan Sebastián Elcano hai 500 anos. Para evitar que se repita o suceso, anuláronse todas as tiradas de bombas de palenque previstas na celebración.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/07/2019