CRTVG

Buscar

O Porto de Vigo e o Concello levan ao xulgado as súas discrepancias sobre o mantemento do peirao do Marisquiño

Publicado o 22/11/2019 15:45
O Porto de Vigo e o Concello levan ao xulgado as súas discrepancias sobre o mantemento do peirao do Marisquiño

A directora do porto de Vigo ratifica ante a xuíza que o mantemento do peirao afundido durante o Marisquiño lle correspondía ao Concello.

Esta mañá declararon dous técnicos municipais e un da Autoridade Portuaria. Os técnicos do concello presentaron unha memoria anual do Porto para tentar demostrar que non era responsabilidade municipal.

Con todo, o porto insiste en que o convenio e o ditame do avogado do Estado aportados pola directora da Autoridade Portuaria na súa declaración, demostran que era responsabilidade do Concello o mantemento do paseo das Avenidas.


 

Noticias web

22/11/2019