CRTVG

Buscar

O porto de Vigo amplíase con 19.000 metros cadrados por 2,8 millóns de euros

Publicado o 29/01/2019 22:22

O Porto de Vigo amplía terreos. Faise con 19.000 metros cadrados por 2,8 millóns de euros. Busca novos usos e mellorar os accesos na zona de Rande.

Este aberto da zona de Rande, propiedade do Porto de Vigo, leva unha década sen actividade, limitándose a servir de aparcadoiro aos visitantes do museo de Meirande. Coa compra por parte do Porto de Vigo da parcela lindeira, de 19.000 metros cadrados, aumenta ata os 35.000 a superficie total do recinto. A Autoridade Portuaria valora destinalo a diferentes usos.

Agora a clave é mellorar os accesos ao aberto para espertar o interese das empresas. O Porto abre unha fase de negociación con Fomento para abordar as conexións.

A compra, valorada en 2,8 millóns de euros, axuda a resolver o vello problema da falta de espazos do porto de Vigo.





 

Noticias web

29/01/2019