CRTVG

Buscar

O porto de Ferrol comeza a subministrar gas natural licuado a buques

Publicado o 25/02/2019 15:26

O porto de Ferrol comeza a subministrar gas natural licuado a buques que utilizan este produto como combustible. Son dous transbordadores ecolóxicos construídos en Turquía que teñen como destino os fiordos de Noruega, unha zona onde os barcos teñen limitadas as emisións de gases á atmosfera.

O porto de Ferrol destaca as vantaxes da súa localización, a carón da terminal de Reganosa, para captar este tipo de clientes.

Noticias web

25/02/2019