CRTVG

Buscar

O porto de Ferrol bate marcas históricas en tráfico de contedores

Publicado o 18/08/2020 14:17
O porto de Ferrol bate marcas históricas en tráfico de contedores

A aposta da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao polo tráfico de contedores comeza a dar resultados positivos.

O porto exterior de Caneliñas está alcanzado marcas históricas tras da posta en marcha das dúas rutas de mercadorías cara ao Reino Unido e Irlanda e cara ao norte de Europa.

O incremento do tráfico nos sete meses que levamos de ano supera o 30%, cun movemento total de 6.200.000 toneladas.

Noticias web

18/08/2020