CRTVG

Buscar

O porto de Burela fai balance da última costeira de bonito: 963 toneladas

Publicado o 05/10/2017 21:24

No porto de Burela fan balance da última costeira do bonito con cifras pouco satisfactorias. Nin sequera se acadaron as mil toneladas, fronte ás preto de 1.800 doutras edicións, e a facturación quedou nos 4,3 millóns de euros.

Unha campaña frouxa, así definen en Burela a última costeira do bonito que botará o peche o vindeiro día 13. Foi sinxelo superar as cifras do pasado ano, considerado como a peor costeira da historia, pero aínda así, as preto de 970 toneladas acadadas quedan moi lonxe das expectativas iniciais.

Houbo dous meses especialmente malos, o de xuño e o de setembro, onde apenas houbos capturas, pero detrás dos malos resultados está tamén o descenso das embarcacións que apostaron por esta pesqueira. Descargaron aquí unhas 48 embarcacións de todo o Cantábrico, pero só seis eran da Mariña.

O único dato positivo foi a evolución dos prezos. O prezo medio mantívose arredor dos catro euros e medio ao longo da campaña chegando a acadar en ocacións os sete euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/10/2017