CRTVG

Buscar

O porto de Bouzas exportará 30.000 furgonetas de Toyota fabricadas en Balaídos

Publicado o 29/04/2019 15:29

Polo porto de Bouzas exportaranse as 30.000 furgonetas fabricadas en Balaídos. Será a partir de xaneiro do ano que vén. Transcendeu que directivos da sede en Bruxelas da marca nipoa xa visitaron a terminal e se reuniron con representantes das dúas únicas navieiras que poderían levar a cabo ese cometido. En maio definirán as condicións do contrato de embarque coa empresa que consiga a concesión. O modelo de furgoneta Toyota Proace City é a cuarta furgoneta da familia K9 que fabricaría a planta viguesa de PSA. Agora mesmo producen 53 coches á hora con 4 equipos de traballo os sete días da semana, incluídos os festivos. Dende o Porto de Vigo salientan o incremento de exportacións grazas á factoría de PSA.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/04/2019