CRTVG

Buscar

O porteiro do Zaragoza nega que agredise sexualmente unha moza no Carballiño

Publicado o 15/10/2020 12:38

O porteiro do Zaragoza continúa hoxe declarando en Ourense. Álvaro López Ratón tivo que responder ante a xuíza por un presunto delito de agresión sexual.

O deportista, natural do Carballiño, enfróntase ata a catro anos de cárcere que solicita a acusación particular. Os feitos remóntanse ao San Xoán de hai dous anos, de madrugada.

Segundo declarou a rapaza, o porteiro amarrouna, levouna a unha calella sen saída e alí forzouna para manter relacións sexuais. A rapaza resistiuse, pero el intentou bicala e mesmo, segundo consta no escrito da fiscalía, lle chegou a meter a man dentro da roupa interior.

Ao final desistiu e marchou. A rapaza sufriu secuelas psicolóxicas. O deportista negou os feitos..

Noticias web

15/10/2020