CRTVG

Buscar

O PortAmérica reforesta os montes de Caldas de Reis

Publicado o 18/01/2020 14:25


Reciben as últimas instrucións e xa están preparados para comezar a plantar árbores. Son os voluntarios que se apuntaron á iniciativa do PortAmérica. "Unha entrada, unha árbore naceu" do compromiso do festival coa natureza e a intención de concienciar a xente de que cando arde o monte, arde unha parte de nós.

Esta reforestación ten tres propósitos: compensar as emisións xeradas polo festival, recuperar os terreos queimados en 2017 e crear unha devasa natural. Para iso, os máis de 400 voluntarios, plantaron máis de 1.800 árbores. Nesta ocasión, son dez as especies elixidas, entre elas bidueiros, carballos, cerdeiras ou castiñeiros.

Grazas a esta reforestación, compensan máis de 7 toneladas de CO2 xeradas no PortAmérica de 2019.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/01/2020