CRTVG

Buscar

O Porriño retoma a competición cunha derrota ante o Xixón (21-26)

Publicado o 16/01/2021 20:43

Volveu a liga no balonmán feminino co partido do Conservas Orbe Rubensa Porriño. As galegas non puideron na casa co Xixón, que levou o triunfo por 21 a 26. As asturianas racharon o partido xa na primeira metade, comandadas pola exporriñesa Cecilia Cacheda, que marcou sete goles. Polo bando local, a máis atinada foi Soraia Lopes, que marcou seis.

Noticias web

16/01/2021