CRTVG

Buscar

O Porriño prohibe coller auga dos pozos en que se detectou unha substancia tóxica

Publicado o 14/11/2017 14:12

Hai lindano en valores que superan 100 veces o normal na parroquia de Torneiros, no Porriño. É o que din as primeiras analíticas que se fixeron tras atopar lindano. Este residuo de pesticida prohibido, que estaba soterrado nunha vía, no barrio do Contrasto, e que aflorou a consecuencia dunhas obras de saneamento. Dende o Concello recomendan aos veciños da zona que non beban auga dos pozos, e que eviten o consumo de produtos das súas hortas. É unha medida preventiva, mentres non se levan a cabo novas analíticas. Aquelas vivendas que contan con auga da traída pública non teñen risco, xa que non hai filtracións de lindano, nesta subministración.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017