CRTVG

Buscar

O Porriño perde na casa co Bera Bera, un dos favoritos a todo

Publicado o 10/10/2019 17:25

E na liga feminina de balonmán, derrota do Conservas Orbe Porriño na súa casa co Bera Bera, candidato a todos os títulos. Primeira metade igualada con empate a trece goles. Porén o partido mudou para a formación que dirixe Isma Martínez con catro exclusións que decantaron o encontro a favor de Bera Bera. Antía Espiñeira, con seis goles, foi a máis destacada no conxunto porriñés.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019