CRTVG

Buscar

O Porriño celebra obradoiros de poesía visual

Publicado o 20/03/2017 20:39

Os estudantes de varios centros do Porriño preparáronse para festexar o Día Mundial da Poesía

Mañá celébrase o Día Mundial da Poesía e os estudantes de varios centros do Porriño prepáranse para festexalo. Estes días participan nuns obradoiros de poesía visual cos que deixan voar a súa creatividade.

Xuntos achéganse á poesía a través das imaxes. Fan a súa interpretación, e guiados por un poeta, os nenos van debullando os poemas.

Tamén eles queren achegar a súa visión e mesmo se atreven a crear os seus poemas visuais.

Aseguran estes rapaces, que agora se senten máis próximos á poesía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017