O porco celta aumenta as súas vendas en plena pandemia
4.500 animais e 150 explotacións gandeiras que producen 160 toneladas de carne ao ano. Son as cifras da Asociación de Criadores de Porco Celta, que se van incrementar ao remate deste exercicio. Malia os peches e limitacións da hostalería pola pandemia, o porco celta soubo atopar novos mercados e, o máis importante, sen necesidade de baixar os prezos. Poñer en valor os métodos de crianza dos cochos e ofrecer produtos novos son as claves do éxito dunha carne que non é precisamente das máis baratas.
"Apareceron novas liñas de mercado en liñais de grandes superficies. esto fixo que se recuperara o ritmo de matanzas e se incrementara a demanda deste produto", explica Iván Rodríguez, director técnico de Asoporcel.
Os porcos celtas críanse ao aire libre e en espazos amplos. Landras, castañas, cereais e o que atopan nas fragas constitúen a súa alimentación. Ese manexo e dieta confírenlle as súas características únicas. Ademais, adáptanse a calquera terreo e clima de calquera comarca galega.
"A xente que leva anos adquirindo os porcos xa non os cambia. Porque se afán a un sabor diferenciado e extraordinario", asegura Ángel Buján, da Comunidade de Montes de Carballo (Friol).
Os doce últimos criadores que se incorporaron ao sector son menores de 40 anos, polo que o futuro das explotacións semella garantido.