CRTVG

Buscar

O Pontevedra supera o Marino con claridade (3-0)

Publicado o 17/11/2019 20:12

Cuarta vitoria seguida para os granates

Carlos Pouso tivo unha estrea exitosa en Pasarón. O Pontevedra sorrí, cando hai un mes todo eran xestos de preocupación. Cuarta vitoria seguida para os granates, que se instalan a tres puntos da fase de ascenso. Diante do Marino manexaron o partido con autoridade, sendo moi efectivos nun partido de escasas ocasións. Adighibe marcaba o 1-0 aos 20 minutos de partido. Iso si, houbo que agardar ata o 80 para asegurar o triunfo. Co Marino xogando con 10 chegou a sentenza, que levou a sinatura do internacional hondureño Alfredo Mejía. Coloca perfectamente o balón pegado ao poste, sen posibilidades para o porteiro asturiano. E xa sobre o tempo chegou o terceiro. O centro desde a dereita atopou a posicion desmarcada e o eficaz remate de Álex Fernández. Era o final de festa.

Malia a vitoria, Pouso puxo peros. Quere un equipo moito máis vertical: "Ese xogo da roda da pataca non me gusta nada. Ao revés, póñome moi nervioso cando vexo que temos posibilidade de pase para adiante e xogamos para os costados como un puñeteiro limpaparabrisas. Non me gusta ese fútbol e vou tentar que non se vexa. Quero un equipo que vaia a coitelo. Quero ser máis Liverpool que Barcelona, para que se entenda".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/11/2019