CRTVG

Buscar

O Pontevedra métese en postos de fase de ascenso

Publicado o 15/04/2019 17:53

Hai goles cun valor especial. Este de Javi Pazos permítelle ao Pontevedra meterse por primeira vez na temporada en postos de fase de ascenso e sumar a cuarta vitoria consecutiva. Un gol que se lle resistía dende o seis de xaneiro e que fai avanzar aos granates no camiño do ansiado obxectivo a falta de cinco xornadas para rematar a liga.

O Pontevedra xa puido sentenciar o partido no primeiro cuarto de hora, con tres ocasións clarísimas. Entre elas o penalti que desaproveita Kevin Presa e estoutra oportunidade de Pedro Vázquez que, sen porteiro, envía o balón excesivamente alto.

O gol chegou mediada a segunda metade, pero os de Luismi tiveron que sufrir ata o final porque o Coruxo apertou e puido empatar por medio de Silva no tempo engadido. Non acertou e os granates festexaron coa súa afección un triunfo con licenza para soñar.

Terceira

E fíxense neste gol. Gol de Pablo Rey en Calabagueiros. Decisivo para o triunfo do Racing, que é o líder da categoría. Con este gol Pablo Rey Cabarcos iguala con Pazolo como maximo goleador histórico do Racing. Noventa e oito goles. E no Pobobado o regreso dun histórico á terceir división, As Pontes logra o ascenso con cinco xornadas de antelación. O antigo Endesa celebrou ao grande o cambio de categoría.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019