O Pontevedra e o Langreo empatan sen goles en Pasarón
Publicado o 01/12/2019 19:46
Na segunda B, mala xornada para os dous equipos galegos que xogaron esta tarde
O Pontevedra empatou na casa ante o Langreo nun partido que os granates dominaron case todo o tempo. Gozaron de ocasións para marcar pero, cara o final, espertaron os asturianos. Davo tivo esta contra no 88 que non culminou. O Pontevedra empata case nove meses despois, levaba dende marzo sen rematar un partido igualado.