O Pontevedra e o Coruxo pelexan por evitar o descenso á Terceira División
Publicado o 15/04/2021 17:56
A baixa de Charles por sanción podería abrirlle a porta da titularidade ao vilagarcián Martín Diz.
Oportunidade do Pontevedra para afianzarse na primeira posición. Recibe en Pasarón o Lealtad, o equipo menos goleador, pero tamén o menos goleado.
A vitoria do Pontevedra sobre o Lealtad, terceiro clasificado, beneficiaría tamén o Coruxo, que está cuarto, empatado a 22 puntos co cadro asturiano e fóra, por tanto, da salvación.
Serían tres puntos importantes logo de dous empates consecutivos. Unha vitoria sobre o Oviedo B igualaríaos na clasificación.