O Pontevedra derrotou o Rápido de Bouzas por 3 a 1
Publicado o 18/04/2019 20:38
Esta tarde houbo derbi en Pasarón. O Pontevedra derrotou o Rápido de Bouzas por 3 a 1. Adiantáronse os locais con este tanto de Romay ao segundo intento. Os de Luismi chegaron ao descanso cun 2-0 grazas a esta acción de Javi Pazos. O terceiro un chut imparable de Borja Domínguez. Pasaban nove minutos da segunda metade.
O Rápido respondía axiña cunha testarada de Rodri Alonso tras un saque de falta. O Pontevedra prosegue a súa escalada na clasificación. É segundo cun partido máis. O Rápido mantén a salvación a tres puntos.