CRTVG

Buscar

O Pontevedra derrota o Coruxo no primeiro derbi

Publicado o 25/08/2019 12:58

 Só foron necesarios oito minutos de partido e de temporada na Segunda B para gozar dunha fermosísima acción, a que significou o primeiro gol do Pontevedra no derbi, o gol que levou a sinatura de Álvaro Bustos. A acción non ten pinga de desperdicio. Regata antolóxico a Yeremi, conducción rapidísima, regate rahando a cintura de Crespo e definición impecable diante de Alberto. O primero tempo foi un monólogo do Pontevedra diante dun superado Coruxo que, porén, tivo unha opción para empatar. Un exgranate, Jacobo Trigo, disparou alto en inmellorable situación. O inicio do 2-0 aos 35 minutos tamén foi brillante. bo control de Adighibe, que supera a Puime. O seu centro semellaba intrascendente pero Yeremi Valerón, mal perfilado, envía o balón á súa propia rede. O segundo tanto deixou xa sen respota o Coruxo, malia que foi capaz de poñer a proba a Edu Sousa no segundo tempo. O primeiro derbi da temporada foi granate.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/08/2019