CRTVG

Buscar

O Pontevedra colócase a un punto da zona de promoción de ascenso

Publicado o 08/04/2019 15:10

.

Na segunda B, o Pontevedra está a un só punto da zona de promoción de ascenso, que pecha a Leonesa. Pasarón, con mais de 4.000 espectadores, acolleu un excelente partido do conxunto de Luismi para superar o Sanse, un rival no obxectivo do ascenso.

A destacar a beleza do segundo e do terceiro gol. O segundo marcouno Alvaro Bustos pero a xogada de Alex González é doutra categoría. Soberbio tanto. O terceiro gol levou a sinatura de Borja Domínguez cun zurdazo desde a distancia.

Resultado final: 3-1. Na próxima xornada duelo interesante entre o Coruxo e o Pontevedra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/04/2019