CRTVG

Buscar

O Pontevedra avanza na Copa Federación; o Bergantiños caeu

Publicado o 23/01/2019 21:51

Esta tarde disputáronse os encontros de volta de oitavos de final da Copa Federación. O Pontevedra, vixente campión, visitou o campo do Navalcarnero. Pibe adiantou os galegos no minuto 59. Pedro Astray empataba apenas uns minutos despois. O Pontevedra avanza cara cuartos de final con intención de revalidar o titulo. E o Bergantiños visitou o campo do Internacional de Madrid onde caeu por dous goles a cero. Muñiz asinou o primeiro tanto do partido no minuto 32. E apenas dez minutos despois, Aitor Núñez facía o segundo e definitivo. Aos carballeses anuláronlles un por fóra de xogo contra o final do partido. Os madrileños estarán en cuartos de final da Copa.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2019