O Pontellas, un club dirixido por mulleres
Publicado o 12/11/2019 14:36
O Pontellas adéstrase e aló ao fondo catro mulleres conversan sobre a sesión. Son catro das dez directivas do club: presidenta, secretaria e dúas vogais. Todas están ilusionadas con pasar esta rolda da Copa do rei ante o Tolosa pero tamén nerviosas.
O Pontellas é un equipo presidido e dirixido por mulleres, algo que incriblemente segue a ser no ano 2019 algo atípico, nada normalizado. Son as dirixentes dun momento histórico do Pontellas que soña con pasar de rolda para atoparse logo obrigatoriamente na Copa do Rei cun rival da Primeira División.