CRTVG

Buscar

O Pontellas cae eliminado na súa estrea na Copa

Publicado o 13/11/2019 22:05

O Pontellas quedou eliminado na súa estrea na Copa do Rei. Os porriñeses perderon 1-0 no campo do Tolosa. E iso que tiveron as súas opcións, a máis clara, para Berto, que intenta picar ante o porteiro na súa saída. O único gol da eliminatoria chegou no minuto 62. Jon Elorza foi o autor do tanto que acaba coa ilusión do Pontellas de poder xogar contra un equipo de primeira división no torneo do K.O. Pode que o ano que vén teñan outra oportunidade.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019