Julio Anguita, ingresado na UCI en estado grave tras sufrir unha parada cardíaca
Publicado o 09/05/2020 13:38

Julio Anguita, o ex-secretario xeral de Esquerda Unida, un histórico da política española, está ingresado en estado grave no hospital Reina Sofía de Córdoba. Fontes sanitarias confirman que Anguita sufriu unha parada cardíaca no seu domicilio e tras ser reanimalo, foi trasladado ao centro hospitalario.
Alí permanece ingresado na UCI e o seu estado é grave. O ex-secretario xeral do Partido Comunista sufriu o seu primeiro infarto en 1993 durante unha campaña electoral en Barcelona e foi operado do corazón en varias ocasións.