CRTVG

Buscar

O polígono de San Cibrao gañará 500.000 metros cadrados

Publicado o 09/10/2019 15:38

O de San Cibrao das Viñas é a día de hoxe o Polígono Industrial máis grande de Galicia. As súas 432 empresas manexan unha cifra de negocio de 1.400 millóns de euros.

Lembran dende a Asociación de Empresarios que dende a súa creación no 1965 non deixou de medrar, mesmo nos anos máis difíciles da crise económica. O vindeiro paso será a ampliación do seu solo industrial en 500.000 metros cadrados.

Apuntan que os trámites legais de adquisición e urbanización dos terreos na contorna dos xa existentes, xa están en marcha e poderían concluír nuns cinco anos. A día de hoxe están ocupadas 388 das 439 parcelas edificables que hai no polígono.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2019