CRTVG

Buscar

O policía que levou o accidente do ciclista di que a pedra foi colocada intencionadamente

Publicado o 13/06/2018 14:06


Terceira xornada do xuízo polas lesións do ciclista que chocou contra unha pedra no monte Alba en Vigo. Esta mañá foi a quenda do policía local responsable da investigación, que apuntou que a pedra fora colocada "maliciosamente no camiño" xusto na traxectoria dos ciclistas que pasaran por alí. 

A pedra estaba colocada maliciosamente no camiño. É a opinión do policía local de Vigo responsable da investigación no caso do ciclista que quedou parapléxico no monte Alba. Na terceira xornada do xuízo, asegurou que foran necesarias tres persoas para mover a pedra e volver colocala no seu sitio. A preguntas das defensas, o axente recoñeceu que non revisaran as cámaras de seguridade próximas nin fixeran reconstrución de como chegara a pedra ao camiño.

Tamén declarou este mércores outro ciclista que acudiu á sede da comunidade de montes de Valadares o día dos feitos para informalos do accidente. Asegurou que nun primeiro momento, un dos acusados, dixéralle que se saltaban pedras, saltasen esas tamén. Se ben unha vez coñeceu o lugar onde se producira a caída e a gravidade das lesións, asegurou que os comuneiros non estaban a realizar traballo ningún nese punto. Nesta xornada tamén declaran familiares da vítima.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018