CRTVG

Buscar

O policía ferido en Barcelona xa está en Vigo e podería saír da UCI dentro duns días

Publicado o 31/10/2019 20:30

Ás dúas da tarde aterraba en Peinador o avión do Ministerio de Defensa que trasladou o policía ferido grave nos disturbios de Barcelona. Iván Álvarez subiu e baixou do aparello polo seu propio pé, aínda que axudado polo médico militar que o acompañou no traxecto e polos sanitarios que o levarían ata o hospital Álvaro Cunqueiro.

"Fixo o voo ben. Atópase consciente, orientado, con respiración espontánea e semella que todo está en orde", explicou a responsable da UCI do hospital Álvaro Cunqueiro.

O axente estivo na UCI no Hospital La Pau catorce días e tamén ingresou na Unidade de Coidados Intensivos en Vigo, pero semella que axiña podería pasar a un cuarto en planta.

"Pero está xa en fase de saída de UCI. Todo o máis serio, o máis grave xa o pasou", asegura a doutora Vila

A súa muller, varios compañeiros e os seus superiores recibiron a Iván no aeroporto. Todos confían en que a proximidade ao seu fogar axude na súa recuperación.

"Que se recupere pronto, que tivo moita sorte e agora coa súa familia ten a oportunidade de restablecerse. Seguro que vai ser así", dicía José Luís Balseiro, xefe superior da Policía de Galicia.

O xefe superior de Policía agradeceu a atención dos profesionais sanitarios con Iván, tanto en Barcelona como agora en Vigo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019