CRTVG

Buscar

Nas últimas horas experimentou unha leve melloría

Publicado o 20/10/2019 15:19

Este era o momento no que o policía nacional, de Vigo, ferido nos altercados de Barcelona era auxiliado polos seus compañeiros... que enseguida se decataban da gravidade da situación...
Algunhas informacións falaban do forte impacto dunha pedrada, mesmo lanzada desde un tellado ou balcón... pero parece confirmarse que se tratou dun rodamento metálico lanzado por un tiracroios modificado, unha arma prohibida, que lle atravesou o casco.
O axente perdía o coñecemento e era auxiliado e evacuado por outros policías en medio dos altercados e baixo unha chuvia de obxectos...

O policía continúa ingresado na UCI do hospital Vall d'Hebrón... en estado moi grave... sofre un traumautismo cranioencefálico, unha fractura na base do cranio que lle afecta a dúas vértebras e lle provoca complicacións respiratorias. Ao parecer, o sábado empeoraba o seu estado ao ter un pulmón encharcado.

Pero nestas últimas horas seica experimentou unha leve melloría.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dicía este domingo que xa falou coa familia do policía ferido, remitiuse ao parte médico... e mandoulle moitos ánimos de toda a cidade: "Estiven onte en contacto coa súa familia, vou gardar a intimidade e a discreción da conversa, para darlle ánimos en nome da cidade" "O golpe foi durísimo... foi dunha forza extraordinaria e o que queremos é que se recupere, que se restablezaca e que regrese pronto a Vigo"

O outro policía galego ferido, da Coruña, sufriu unha fractura no brazo, un impacto rompíalle o úmero... e xa lle deron a alta.
Hai outos dous axentes máis hospitalizados, un está grave cun traumatismo cranioencefálico, pero o seu estado non é tan crítico como o de Vigo.
O terceiro dos axentes que segue no hospital está pendente de ser operado por unha rotura dun brazo, do omoplato e dunha perna.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/10/2019