O polbo entra en veda ata o mes de xullo
Publicado o 14/05/2019 17:56
A pesqueira do polbo galego vai ter un descanso, a partir deste venres comeza a veda e non se poderá capturar nas nosas augas.
A veda vai durar 45 días. Estaremos sen o polbo fresco das nosas augas ata o 2 de xullo. É unha das medidas técnicas que comprende o plan experimental do polbo, para así axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida do cefalópodo, protexendo a súa reprodución e contribuíndo a unha explotación máis sostible.
Queda prohibida a súa captura por medio de calquera arte de pesca. E as embarcacións deberán retirar as nasas e levalas a porto.