CRTVG

Buscar

O polbo conquista Madrid no 'Pulpo pasión'

Publicado o 28/04/2017 21:00

Nesta ruta gastronómica participan 39 restaurantes madrileños que estes días van ofrecer pratos e tapas de polbo aos seus clientes

O polbo vai ser protagonista nas dúas próximas semanas en Madrid. Arranca a segunda edición de 'Pulpo Pasión', unha ruta gastronómica en que participan 39 restaurantes madrileños que estes días van ofrecer pratos e tapas de polbo aos seus clientes.

O punto de partida desta ruta foi esta mesma tarde batendo un récord. Vimos este prato, o máis grande de Madrid, con máis de cen quilos de polbo. Todo o que pasou por alí, participou. Primeiro colaborando no corte. Despois, e o máis importante, degustando o tradicional polbo á feira.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/04/2017