CRTVG

Buscar

O poeta irlandés Danny Sheehy falece ao envorcar na desembocadura do Miño

Publicado o 11/06/2017 13:38

Levaba anos peregrinando a Compostela por mar. O ano pasado a súa peregrinaxe quedara recollida nun documental

Danny Sheehy formaba parte dun proxecto bautizado "Camino By The Sea", o Camiño polo Mar, unha iniciativa que pretendía recuperar unha ruta empregada polos irlandeses desde hai séculos: atravesando o mar a remo desde Dublín ao porto da Coruña nunha pequena embarcación tradicional e camiñando despois ata Santiago levando a barca consigo.

O ano pasado, a aventura de Sheehy e os seus acompañantes, entre os que estaba o músico Glenn Hansard, gañador dun Óscar e un dos artistas máis célebres do seu país, quedou reflectida nun documental. Desta volta, tras percorrer máis de 2.500 quilómetros, os catro navegantes irlandeses decidiran continuar remando desde o porto coruñés e percorrer o litoral galego rumbo ao sur.

Por circunstancias aínda non aclaradas, o bote envorcou preto da desembocadura do Miño e, malia que lograron chegar a nado á costa, Sheehy non sobreviviu.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2017