CRTVG

Buscar

O Poder Xudicial aparta a xuíza de Lara do caso Pokemon

Publicado o 26/09/2019 18:32
O Poder Xudicial aparta a xuíza de Lara do caso Pokemon

O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPX) ratificou a sanción imposta á xuíza de Lugo Pilar de Lara, instrutora de varias causas de corrupción como o caso Pokemon, de sete meses e un día, que implica a perda de destino, é dicir, ser apartada do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo.

Fontes do CGPX informaron de que o pleno rexeitou por unanimidade o recurso da xuíza contra a sanción por unha falta moi grave de desatención no exercicio das competencias xudiciais, que lle impuxo a Comisión Disciplinaria o pasado 27 de marzo.

Esta decisión esgota a vía administrativa, polo que a sanción será executiva unha vez notificada, aínda que o letrado da xuíza xa anunciara que en caso de prosperarnos o seu recurso ante o CGPX, recorrerían ante o Tribunal Supremo, onde a maxistrada pode instar a suspensión da sanción como medida cautelar.