O PNV perde un escano en favor do PP e complica un pouco máis a investidura
Publicado o 13/11/2019 16:09
O papel do nacionalismo vasco tamén vai ser importante para apoiar o acordo de goberno PSOE Unidas Podemos, pero vai ser un voto menos do que se esperaba. Hai cambios nos resultados electorais no País Vasco.
O PNV perde un deputado en Biscaia en favor do PP polo voto exterior e tamén por erros que había no reconto. Entra no Congreso a deputada popular Beatriz Fanjul e o PP queda así con 89 escanos. O PNV con 6.