O PNV e os socialistas amplían a maioría en Euskadi, segundo unha enquisa de ABC
Publicado o 31/05/2020 14:29
O PNV lograría un triunfo nidio nas eleccións do País Vasco, segundo unha enquisa que divulga hoxe o xornal ABC.
O rotativo resume así o panorama electoral: "Urkullu sortea a crise e ensancha a súa maioría de goberno cos socialistas".
O PNV ascende a 30 ou 31 escanos, Bildu manteríase en 18, Podemos baixa a 8 ou 9, os socialistas lograrían 10 (un máis) e a coalición entre o PP e Ciudadanos sitúase entre 7 e 9 deputados.
Máis sobre actualidade
27/01/2021 09:39