CRTVG

Buscar

O PNV di que Navarra "elimina obstáculos" para a investidura de Sánchez, mentres PP e C's critican duramente o pacto

Publicado o 20/06/2019 14:47

Os socialistas déronlle a presidencia da cámara a Geroa Bai, a marca do PNV en Navarra, e abriron a porta, malia que non o votaron, a que EHBildu teña un posto na mesa. Con esta decisión, Sánchez perde os apoios de UPN, pero pode asegurar os seis do PNV.

PP e Ciudadanos critican duramente o pacto de Navarra, pero dende o Goberno acúsanos de cinismo e din que todos os escanos son lexítimos.

O pacto con Ciudadanos suporía unha sólida maioría, en opinión de Mariano Rajoy, que pide un goberno estable canto antes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019