O pleno municipal de Ourense aprobará unha nova modificación de crédito
Publicado o 22/09/2020 13:16
O grupo municipal do PP reivindícase como responsable da modificación orzamentaria de 1,5 millóns de euros que se vai aprobar mañá nun pleno extraordinario en que tamén tomará posesión Telmo Ucha, que aínda non aclarou se o fará como concelleiro de Democracia Ourensana ou como non adscrito. Desde o PP falan de impasse e non concretan prazos para unha hipotética moción de censura.