O pleno da Deputación de Lugo non consegue un acordo para defender os traballadores de Endesa
Publicado o 15/10/2019 14:21
Na Deputación de Lugo non se poñen de acordo en como defender os traballadores da térmica das Pontes. Hoxe levouse a cabo unha sesión extraordinaria a petición do Partido Popular para apoiar os afectados e solicitar a dimisión da ministra de Transición Ecolóxica.
O Goberno bipartito, formado por socialistas e nacionalistas, non aprobou esta moción e presentou unha emenda alternativa para a adopción de medidas en defensa do emprego que neste caso tampouco recibiu o apoio dos populares.