O pleno da Coruña acorda por unanimidade a nova organización municipal
Publicado o 08/07/2019 15:01

Na Coruña, o pleno aproba a nova organización da corporación para os vindeiros catro anos. Todos os grupos municipais votaron a favor da proposta do Goberno local, incluíndo unha suba salarial para os concelleiros.
Onde houbo máis discrepancias foi no relativo á ampliación do cadro de persoal eventual. A Marea Atlántica decidiu absterse alegando que non recibira a tempo toda a documentación.