O plan Recupera destina 1.250 docentes e 13 millóns de euros a paliar os efectos da pandemia no ámbito educativo
Publicado o 14/06/2021 15:19
O Goberno galego quere blindar a calidade do sistema educativo tras a pandemia co plan Recupera. 1.250 docentes reforzarán as aprendizaxes non adquiridas pola situación sanitaria, segundo explicou o conselleiro de Educación.
O plan conta cun investimento de 13 millóns de euros e beneficiará uns 50.000 alumnos. Fará fincapé no primeiro trimestre do próximo curso para reforzar as competencias, pero tamén se dirixe á formación do profesorado e ao benestar emocional da comunidade educativa.
O obxectivo, dixo Román Rodríguez, é que ningún alumno quede atrás.