CRTVG

Buscar

O plan de rehabilitación da Ribeira Sacra pretende recuperar unhas 2.000 vivendas

Publicado o 21/02/2020 15:29

A Área de Rehabilitación Integral da Ribeira Sacra abrangue 433 parroquias de 25 concellos de Lugo e Ourense. Suman en total unha superfice de case 3.000 metros cadrados na que os seus veciños poderán acceder a axudas para rehabilitar as súas vivendas.

Luis coñece de primeira man estas axudas. El é, ademais, o alcalde de Sober, o primeiro concello de Galicia en obter a declaración de zona ARI para todo o termo municipal, e di que a iniciativa é todo un éxito.

Este plan achegará ademais axudas aos concellos para melloras en vías e espazos públicos e é un plus máis na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/02/2020