CRTVG

Buscar

O plan de pensións poderá cobrarse aos dez anos de empezar a ingresar

Publicado o 14/11/2017 08:43
O plan de pensións poderá cobrarse aos dez anos de empezar a ingresar

Calquera aforrador que teña un plan de pensións poderá acceder aos seus cartos dez anos despois de subscribilo. Non será necesario que se atope nunha situación excepcional de paro, enfermidade ou risco de desafiuzamento, como ocorre agora. Non será de aplicación inmediata. É unha medida que estuda o Goberno para modificar o regulamento dos plans de pensións e facelos máis atractivos para a xente nova en particular. Outra das medidas que se contempla é rebaixar as comisións que aplican as entidades xestoras destes produtos, para que sexan máis rendibles. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí