CRTVG

Buscar

5.220 traballadores beneficiarase do plan de formación na industria naval

Publicado o 14/02/2020 14:07

A Xunta de Galicia destinará 18 millóns de euros nos próximos dous anos para a formación de 5.200 traballadores para a industria naval. O novo plan de formación, que continúa o desenvolvido entre 2017 e 2019, está destinado tanto a empresas como a persoas desempregadas.

Búscanse caldereiros e soldadores. E a través de cursos coma este, 5.220 persoas emprenderán o camiño empezando polo principio: cun título.

O segundo plan de formación na industria naval da Xunta de Galicia programará 435 cursos nos próximos dous para traballadores en activo e para desempregados. Neste centro vigués acadan, de media, a inserción do 80% dos seus alumnos.

Segundo un informe da patronal Asime, a construción naval conta con 10.500 traballadores e precisa alomenos uns 1.500 máis.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2020