O Plan contra o lume inclúe a creación dunha unidade específica para investigar os incendios
Publicado o 24/05/2021 15:09
O plan de loita contra o lume da Xunta de Galicia refórzase este ano con melloras tecnolóxicas.
O titular do Medio Rural trasladoulle ao Consello Forestal as novidades desta campaña, como paso previo á sua aprobación. Haberá 22 novas cámaras de vixilancia, que cubrirán o 70 por cento do territorio galego, unha ducia de drons e 19 motobombas adicionais.
Con todo, a principal novidade é unha unidade de investigación de incendios forestais.