CRTVG

Buscar

O primeiro campus especializado de España con acreditación está en Ferrol

Publicado o 15/03/2021 14:07

Hai uns anos que a Xunta puxo en marcha un plan para axustar as carreiras das tres universidades ás demandas das empresas de cada zona de Galicia.

No caso de Ferrol creáronse seis graos vencellados sobre todo ao naval e á industria, entre os que está o grao de Xestión Industrial da Moda, o único tamén bilingüe da nosa comunidade. Pois tras case cinco anos de proba desa especialización e un aumento do 40 % das matriculacións, o campus, que pertence á Universidade da Coruña, xa está acreditado como o primeiro especializado de España.

"Ferrol ponse á cabeza, neste caso si, de Galicia e de España na acreditación e na especialización do campus. Ferrolterra estou convencido que ten futuro se cada un cumpre co seu deber", dixo Alberto Núñez Feijóo.

O presidente da Xunta dixo que os dous grandes retos da Univesidade son blindar o seu financiamento e mellorar o mapa de titulacións para conseguir para os universitarios a saída laboral que se dá na FP.

Noticias web

15/03/2021