CRTVG

Buscar

O piloto galego Diego Vallejo confía en rematar o Dakar o venres en Lima

Publicado o 16/01/2019 17:02

E últimos días de auténtica supervivencia para os pilotos do Dakar. Decontado escoitamos a Diego Vallejo. Só restan dúas etapas pero cada día que pasa aparecen novos contratempos. Fíxense en Carlos Sáinz. Quedou varado nunha duna e tivo que facer máis de 200 quilómetros sen dirección asistida, unha tolemia ao ter que pilotar no deserto. En coches gañou a etapa Sebastian Loeb. Al-Attiyah segue de líder con 46 minutos de marxe sobre Nani Roma.

E en motos, triunfo para o austríaco Walkner. O novo líder é o australiano Toby Price, tras o abandono do estadounidense Brabec.

O piloto Diego Vallejo: "A oitava etapa moi dura, moita duna. O coche estase portando fenomenal. prometéronnos que mañá vai ser outra vez complicado; a ver se chegamos pasado mañá a Lima".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2019